Chávez é exemplo

Esquerda Unida lamenta a morte do comandante Hugo Chávez, quen conseguiu transformar Venezuela e convertila nun exemplo de loita contra a pobreza. Coa súa política respaldada pola maioría da cidadanía, Chávez apostou pola recuperación da identidade venezolana arrebatada pola condición de colonia neoliberal, nacionalizou empresas e recuperou o control do país que estaba rendido ao abuso do capital.

A executiva nacional de Esquerda Unida considera que o exemplo venezolano, é un exemplo de revolución socialista da que occidente dista tanto. As políticas deseñadas pola vontade da igualdade de dereitos e oportunidades entre a cidadanía e a realidade dunhas políticas que camiñan cara unha igualdade roubada, pasa pola continuación da política revolucionaria iniciada con Chávez, e que celebraremos sexa continuada tras as vindeiras eleccións.

Yolanda Díaz: “a elección democrática  de Chávez reflicte a vontade do pobo venezolano por acadar a igualdade, por erradicar a pobreza e o analfabetismo e, en definitiva, a dignidade como pobo”.

Relacionados