A denuncia a fixo CC.OO., pero ao mesmo tempo o Grupo Municipal de EU viñera esixindo ao Goberno local do P”SO”E e BNG que actuara para obrigar á Empresa a respetar os dereitos laboráis do seu persoal, que é todo femenino. A resposta, especialmente a da concelleira responsable dese servicio que é do BNG, fói que non tiñan posibilidade de intervir (!!!?), que as traballadoras se conformaran coas súas condicións laboráis -xa que o único importante era que o servicio funcionara-, e que Juan Fajardo se inventaba un conflicto onde non o había. Ese mesmo Goberno local é o que estes días, con motivo do 8 de Marzo, se enche a boca con “compromisos” e publicidade a favor das mulleres traballadoras. Xá farta tanta demagoxia e tanta mentira. Os feitos, a práctica, é a que determina si de verade se está no campo da esquerda e si se fái política a favor dos intereses e dos dereitos da xente traballadora. EU demostramos día a día quen somos e para qué estamos na acción política e sindical. Por iso este colectivo laboral amosóu o seu apoio a EU, que continuaremos presionando ao Concello para que non se renove a concesión de servicio a CLECE sin non cumple toda a legalidade laboral.