Coa Plataforma SOS sanidade

Alternativa Galega de Esquerda (EU-ANOVA) fai un balance negativo da xestión en sanidade da Xunta de Galicia.O Balance negativo basease no incumprimento do contrato con Galicia que Feijóo asinou antes das pasadas eleccións autonómicas.urante o seu mandato eliminouse a universalidade da asistencia sanitaria á cidadanía  e introduciuse o repago farmaceutico aos pensionistas. Ademais e mediante “globos sonda” pretendeu introducir o repago nas prestacións asistenciais, ao falar de que os pacientes ingresados deberían de pagarse a comida e a ducha, como se a xente fora de vacacións aos hospitais.

Respecto aos usuarios, a parte de culpabilizalos da súa nefasta xestión mediante declaracións como a de que os pensionistas teñen almacéns de medicamentos nas súas casas, non cumpriu coa diminución do tempo de espera, outrosí da desaparición do programa de atención integral a muller, entre outras promesas.

Sobre os profesionais sanitarios Feijóo prometeu a revisión do sistema retributivo, sendo o que fixo un recorte dos salarios dos profesionais das institucións sanitarias públicas, suspendendo os acordos de mellora retributiva asinados. Pero no é isto o mais grave, senón a diminución de profesionais que durante o seu mandato se produciu, que segundo datos oficiais foi dun 2% o persoal sanitario das institucións sanitarias de Galicia. A isto hai que sumarlle que o persoal non sanitario de ditas institucións diminuíu máis dun 8%. Isto produce unha diminución da calidade asistencial que se presta á cidadanía.

Privatizacións e recortes nas infraestructuras sanitarias

Durante o mandato de Nuñez Feijoo procedeuse a privatización de servizos sanitarios como no caso do novo Hospital de Vigo, no que se procedeu a súa licitación mediante o sistema de Concesión de Obra Pública. Iso implica que ademais de computar o gasto como déficit ao dispararse os custos, que unha empresa ten dereito a explotación de dito hospital.

Os recortes nas infraestruturas acontecen tanto na cantidade a construír prometida por Núñez Feijóo en 2009 como nas prestacións de ditas infraestruturas. Textualmente prometeu “construiremos 47 centros de saúde”, e prácticamente non construiu ningún.

No caso do Novo Hospital de Vigo, ademais das denuncias dos recortes no seu tamaño realizadas pola Plataforma da Sanidade Pública, Alternativa Galega de Esquerda (EU-ANOVA) tivo acceso a documentación oficial que confirma a redución de tamaño do Hospital en 11 mil metros cadrados. Nesa documentación sinalase que, ademais desa redución no tamaño global do hospital, non se construirán no Hospital 5.400 metros cadrados de laboratorios, 1.500 metros cadrados de esterilización, 700 metros cadrados do área de farmacia, respecto ao proxecto orixinal.

Alternativa Galega de Esquerda (EU-ANOVA) na reunión que mantivo coa Plataforma SOS Sanidade Pública fixo entrega dun pendrive no que está toda a documentación dos recortes que vai a realizar a Xunta de Galicia nos centros de saúde respecto aos proxectos previstos. Estos recortes, ademais dun novo retraso supón que  haxa galegos que vaian a centros de saúde onde actualmente non se pode acceder con cadeiras de rodas ou padiola, sempre segundo documentos oficiais do SERGAS, supoñen unha diminución das prestacións ao revisarse os proxectos de construción.

A Xunta de Galicia minte á cidadanía de xeito deliberado.

Alternativa Galega de Esquerda (EU-ANOVA) tamén denuncia que a Xunta de Galicia minte deliberadamente en relación aos Centros de Saúde. No Consello da Xunta de Galicia do pasado 13 de setembro se trataron os informes sobre a licitación dos centro de saúde da Valenzá-Ourense e do Couto-Ourense, anunciandose que “O Servizo Galego de Saúde licitará a vindeira semana a construción dos centros de saúde do barrio ourensán do Couto e A Valenzá”  estando “previsto que a vindeira semana o DOG publique a licitación destas infraestruturas”

Segundo a lexislación de contratos do estado para licitar unha obra é necesario que previamente se teña aprobado o proxecto, e os respectivos proxectos están actualmente en proceso de revisión para recortar as prestacións orixinalmente previstas, tal como indicamos anteriormente.

Finalmente en realidade o que publicou o DOG no é a licitación, senón un anuncio de que a data prevista para o inicio do dos procedementos de licitación é novembro de 2012. Dito prazo tampouco se podrá cumprir xa que a licitación da revisión dos proxectos da un prazo de execución para dita revisión de dous meses. O prazo para presentar ofertas a esta contrato remataba o 24 de setmbro, non tendo noticias todavía da súa adxudicación. As urxencias e as mentiras dun goberno en liquidación que se resiste a perder o poder político que tan nefastamente utilizou.

 

Relacionados