Este é un dos múltiples casos de impagos que ten o noso Concello debido á péxema xestión de cobros desenvolvida nas últimas décadas.
Esquerda unida saúda que o Concello actúe diante das súas denuncias sobre o canón pendente de cobro das concesionarias. Algo inaceptábel pois estas empresas están a facer negocio coas instalacións e servizos municipais e o cobro das súas débedas depende so de vontade política. Así, nos datos da liquidación do orzamento municipal correspondente ao exercicio 2010 amosaba que algunhas concesionarias como por exemplo o matadoiro e o hospital Labaca deben entre elas soas máis de 2,3 millóns as arcas municipais. Esta falta de vontade política de anteriores gobernos municipais amosan a súa predisposición a favorecer as empresas concesionarias diante dos intereses da veciñanza que por mor a estes impagos ve reducidos os servizos municipais, proba evidente de que as privatizacións, enmascaradas baixo o formato das externalizacións, supoñen un pingüe beneficio para as concesionarias privadas e un custoso lastre económico para a cidadanía.
O grupo municipal de Esquerda Unida – Os Verdes lembra que dende fai oito meses ven denunciando impagos de concesionarias, promotoras e particulares por valor superior aos 70 millóns de euros. Así, a liquidación do 2010 amosa a pésima xestión dos cobros por parte dos anteriores gobernos municipais, con exemplos como os máis de 3,5 millóns de débedas pendentes de cobro en cotas de urbanización, dato que amosa de novo a falta de vontade política, pois coas cotas de urbanización comeza a construción de edificio o que significa que durante anos o Concello tivo máxima facilidade para embargar bens as promotoras e non o fixo.
O voceiro de EU-V, César Santiso, indicou que “a pesares de que é unha boa nova, aínda quedan millóns de euros sen cobrar a concesionarias de servizos municipais, algo verdadeiramente inaceptábel”. No mes de agosto do ano pasado xa solicitamos ao actual Goberno municipal que tomase as medidas correctoras correspondentes e depurase responsabilidades políticas, observamos que comeza a aplicar medidas correctoras, pero para cando depurará responsabilidades?
Por outra banda, César Santiso preguntouse “cal sería o verdadeiro motivo polo que o Goberno municipal denegounos o acceso a relación de empresas debedoras do Concello solicitada por rexistro? Porque a razón esgrimida de que o acceso a dita información suporía grande dificultade técnica e uso de recursos humanos, é insustentábel, inaceptábel e incríbel en pleno século XXI”.