Ante a situación que estamos a padecer de recortes continuos, e a agresión persistente cara os nosos dereitos adquiridos ao longo de anos de loita, Esquerda Unida quere amosar outra que outra maneira de facer política é posible e necesaria. O recorte de democracia que o Partido Popular está a aplicar sobre a cidadanía, non pode quedar impune, Esquerda Unida iniciou a nivel estatal unha campaña de recollida de sinaturas para esixir un referendo ante as decisións impostas pola política neoliberal de Rajoy, e ben seguida de preto por Feijoo. Estamos a ser gobernados polos mercados, polo capital, por Europa, e non nos deixan participar nin opinar sobre o noso futuro.
Esquerda Unida quere demostrar que outra política é posible, que hai alternativas e que a vontade de recorrer a elas está nas nosas mans. Para elo J.Antonio Blanco, contextualizou a situación de descomposición do sistema a nivel global, Carmen I.Sueiro, fixo unha reflexión sobre a repercusión da crise en Galicia, e Sofía Díaz, mostrou as iniciativas levadas a cabo por Izquierda Unida a nivel federal, para mudar e frear este sistema devastador.