Colapso xudicial

Por iso, o grupo municipal de Esquerda Unida – Os Verdes demanda unha reforma urxente que reduza o colapso xudicial existente na cidade e propón a instauración dun servizo de mediación para desconxestionar este atasco. Entendemos que mediante a mediación conseguiríase reducir a carga de traballo nos xulgados e obteríase unha resolución de conflitos máis eficaz e menos custosa para as coruñesas e os coruñeses. Este procedemento extraxudicial de resolución de conflitos é aplicada noutros países cun gran éxito.

Por outra banda, xorde a imperiosa obriga de efectuar unha reforma estrutural consentida polos intervenientes no mundo xurídico a fin de alcanzar un acordo unánime. Neste sentido, Esquerda Unida reafirmase na proposta para crear novos xulgados a fin de reducir os tempos de espera. A Coruña conta na actualidade cun xulgado de reforzo no eido do social e outro no mercantil. O incremento exponencial dos asuntos nas ordes social e mercantil saturan a capacidade resolutiva nesas dúas ordes xurisdicionais, na cal adoitan poñerse en xogo os dereitos básicos das persoas que se atopan en situación de desemprego, relativas o cobro de débedas por salarios impagados, indemnizacións por despedimento ou a mesma posta en cuestión dos despedimentos improcedentes ou nulos, así como as débedas das grandes empresas a pequenos provedores ou ás propias traballadoras e traballadores.

Nos tempos actuais en que a veciñanza se ve abocada a unhas condicións de miseria e desamparo, resulta inxustificable un mal funcionamento da Administración da xustiza. O incremento incesante do número de persoas en situación de desemprego leva a moitas persoas a acudir aos tribunais en busca dunha resolución “xusta” ante os ataques continuos aos que se ven sometidos. Nun contexto excepcional como o actual, unha demora nestes procedementos implica un prexuízo para a parte máis débil no litixio.

 

O voceiro de EU-V, César Santiso, indicou que “ante as novas necesidades da veciñanza cómpre instaurar os medios precisos nos xulgados para dar unha resposta áxil e resolver o actual bloqueo. Asemade cabe lembrar a lexividade das actuais taxas xudiciais aprobadas polo goberno central do PP, xa que restrinxe o acceso á xustiza en múltiples casos”.

Relacionados