Coloquio Folga Xeral en Redondela

Esquerda Unida participa no coloquio sobre a Folga Xeral, xunto con outras organizacións sindicais. Dende Esquerda Unida o apoio á Folga Xeral é incuestionable á vez que necesario xa que considera que o éxito desta convocatoria demostrará que o pobo está farto dunhas políticas que só son un reflexo dos intereses dos poderosos.

O apoio á folga xeral do 14N expresa a vontade de mudar xeito radical as actuais políticas económicas, afirma Yolanda Díaz, coodinadora nacional de Esquerda Unida e deputada de Alternativa Galega de Esquerda. A participación nesta folga xeral é unha mostra de dignidade do pobo fronte ás políticas tremendamente agresivas que se están a aplicar dende os mercados e dende os poderes políticos que queren acabar coa dignidade da cidadanía.

Por todo isto, Esquerda Unida continuará coa loita máis alá desta folga xeral, tanto dende o Parlamento coma dende as mobilizacións na rúa. O obxectoivo é o de eliminar estas políticas da troika tanto interna como europea que nos conducen á miseria

 

Relacionados