Coloquio sobre sanidade

Esta mañá ás 12:30, celebrouse unha charla coloquio sobre a sanidade no salón de actos do Edificio de Sindicatos de A Coruña. Gaspar Llamazares, deputado de EU Asturias, e Yolanda Díaz, candidata nacional de Alternativa Galega de Esquerda con Xosé Manuel Beiras, acudiron ao convite.

 

Presentaron o acto Laura González, Secretaria de Sanidade de CCOO, e José Manuel Sánchez Aguión, Secretario Xeral de CC.OO. Galicia.

Laura González e José Manuel Sánchez Aguión denunciaron os incumprimentos orzamentarios de Feijóo durante os seus anos de goberno, que comprometera durante a campaña electoral partidas que nunca chegaron.

Yolanda Díaz recordou que Feijóo, a pesar dos recortes executados sen levar no programa, “contraeu máis débeda no seu trienio de goberno que toda a producida na historia da democracia galega”. Tamén asegurou que o goberno de Feijóo puxo a comunidade a cabeza das comunidades con maior déficit e maior número de recortes en servizos.

A xurista ferrolana dixo que, a luz dos datos, os servizos privatizados non están a ser unha vantaxe para unha cidadanía que ve reducidas as prestacións recibidas e aumentados os custes, ao que se suma a nula capacidade gobernativa de Feijóo para xerar emprego e satisfacer as necesidades do común.

Yolanda Díaz defendeu as declaracións de Beiras do día anterior, das que dixo son “a única forma de poñer os focos de atención sobre as consecuencias dos recortes, que son unha condea a morte para moitos pacientes”. Rematou a súa intervención apelando a movilización para que o compromiso coa sanidade encha as urnas o día 21 de outubro e a alternativa política tome forza en Europa.

Gaspar LLamazares falou da necesidade desa alternativa para Asturias, Galicia e tódalas xeografías nas que se implanta un modelo de empobrecemento da cidadanía.

Acudiu aos datos para expoñer a problemática sanitaria, “en 2010 o gasto en sanidade era 2 puntos inferior que en Alemaña e din que acometeron recortes para que se parecese ao alemán cando o lóxico era equiparar os recursos”.

Tomou o caso do Hospital de Vigo, que se pretende transferir a mans privadas, para plasmar o nulo valor das promesas electorais de Feijóo, preocupado pola mercadotecnia e a propaganda e escasamente preocupado pola mellora dos servizos e o aproveitamento de recursos cando ten que facerse en beneficio dos galegos

Sobre as declaracións de Xosé Manuel Beiras, dixo coincidir en que a cuestión sanitaria merece toda a atención por estar afectando os recortes a moitos enfermos. Acudiu aos estudos nos que se ve reducida da esperanza de vida no país e lamentou que a saúde non se tomase como un tema prioritario.

Para rematar, deu en sinalar que a importancia do resultado electoral será importante para toda Europa e para o conxunto do Estado, entre outras cousas, “para que a sanidade non sexa convertida nun negocio que arrase coa mesma virulencia que o mercado inmobiliario”.

O concelleiro de EU por A Coruña, Cesar Santiso, realizou unha intervención na rolda de preguntas para sinalar que “Alternativa Galega de Esquerda ten un compromiso ético e promoverá a transparencia dos contratos e expedientes como garantía de que o gasto sanitario sexa controlado polos galegos e galegas, e todo o orzamento sanitario sexa para gasto sanitario, ningún outro partido leva propostas de este calado no seu programa.”.

 

Relacionados