Comedor social de Esteiro

 

Este equipamento social conta coa loxística necesaria para botar a andar de maneira inmediata e nembargantes o Goberno adía mes a mes a súa posta en funcionamento, sen que teñamos data a día de hoxe para que comece a prestar un servizo necesario. As obras de accesibilidade se poden acometer de inmediato, non poden ser unha excusa para adiar un equipamento social hoxe máis necesario diante da dureza coa que se conduce a crise económica e social que está a provocar o capitalismo realmente existente.

 

Esquerda Unida esixe ao Goberno Municipal que atenda unha demanda social da veciñanza de Esteiro e poña en funcionamento de inmediato este equipamento social. “Hai razóns de interese social que demandan a posta en funcionamento do comedor, “ sinala Yolanda Díaz, Voceira do Grupo Municipal.

 

Para Esquerda Unida semella que non hai unha explicación racional a este desleixo do Goberno. Se teñen os elementos necesarios para que comece a funcionar, somentes falla a decisión gubernamental. Esteiro constitúe un dos barrios grandes da cidade que adoece deste equipamento e non entendemos a reluctancia do Goberno en superar esta eiva cando esta nas súas mans facelo.

 

Xa teñen o seu orzamento, teñen que empregalo mal que ben para resolver necesidades e problemas da nosa cidadanía. O comedor social de Esteiro ten que ser un elemento primeiro nesa atención: ten un custo menor e satisface unha necesidade maior.

Relacionados