Comedor social de Esteiro

 

O noso Grupo entende que a extensión deste equipamento o barrio de Esteiro ten que constituír unha prioridade para o Goberno Municipal.

 

O noso Grupo Municipal non entende a demora para poñer en servizo este comedor social. Xa se conta cos medios técnicos necesarios e máis do espazo que o albergará. O único que falla e a vontade do Goberno Municipal, que semella pouco sensible as cuestións de carácter social. Quizabes o Goberno  ao non se tratar de ladrillo privado teña pouco interese en desenvolvelo.

 

Yolanda Díaz lembra tanto a notable demanda deste servizo canto que xa se dispón  da infraestrutura necesaria para que funcione xa.

 

Semella un mal recorrente do PP deixar paradas as instalacións de carácter social que xa poderían funcionar e prestar un servizo á comunidade: onte fora co caso do centro de día de Caranza, hoxe acontece con Telleiras ou co comedor de Esteiro.

 

Esquerda Unida pídelle ao Goberno Municipal que atenda a veciñanza de Esteiro e comprometa a apertura e posta en funcionamento do comedor social para o vindeiro mes de xaneiro.

Relacionados