Comedor social

EU dende fai medio ano ven demandando dende o concello unha resposta pública é contundente ao problema da emerxencia social que está a crecer a grande velocidade, así na actualidade unha de cada catro familias coruñesas vive de subsidios.

Xa que logo, o grupo municipal de Esquerda Unida – Os Verdes incide na necesidade de que sexa o concello quen desenvolva unha rede municipal pública de comedores sociais para asegurar o acceso a unha alimentación digna, un dereito que non se debe suplir con beneficencia. Proposta que fixo pública e que levou en varias iniciativas plenarias, nas que atopou a negativa por parte do goberno municipal quen semella que prefire que as ONG fagan o traballo por el.

Esquerda Unida considera boa pero insuficiente a iniciativa da Cociña Económica que presenta o concello. O goberno municipal non pode nin debe escudarse no bo facer das institucións benéficas, como a Cociña Económica unha entidade que leva décadas facendo unha grande labor social e que agora presenta un proxecto encomiable para deslocalizar o seu servizo de comedor, distribuíndo as comidas entre as asociacións veciñais, para que os veciños recollan as racións de comida nas sedes veciñais.

Apesares de que a iniciativa mellora a situación actual, segue a ser insuficiente porque por unha banda a iniciativa depende da dispoñibilidade das asociacións veciñais que dispoñen de poucos recursos humanos e económicos, mentres que por outra con esta modalidade non se crea unha rede de comedores sociais como sería desexable, senón que os veciños levan a comida as súas casas. Dende EU apostamos pola socialización, algo moi necesario para as persoas maiores, así como a normalización dos comedores socias que os entendemos como espazos onde toda a cidadanía pode comer a prezos moi económicos e aquelas persoas que os servizos sociais determinen que están en risco exclusión social (na actualidade o 25% da poboación) poidan facelo de maneira gratuíta pero sen pudor, porque toda a veciñanza usa estes comedores sociais.

O voceiro de EU-V, César Santiso, indicou que “esperaremos a coñecer os pormenores do programa para facer unha valoración polo miúdo, xa que logo, solicitarei unha entrevista co concelleiro de servizos sociais”.

 

Relacionados