ensin.publ.jpg - 8.47 Kb

Comedores escolares

 

 A proposta do Goberno Municipal é de pura continuidade, unha xestión resignada a que a Xunta non faga os seus deberes e fuxa das súas responsabilidades competenciais que lle son propias en materia de comedores escolares.

 Ete Grupo quere lembrar que o vixente decreto 10/2007, de 25 de xaneiro, sobre comedores escolares  nos centros docentes públicos dependentes da Consellaría de educación prescribe no seu artigo segundo – o que recolle as modalidades da prestación deste servizo –  que se prestará o devandito servizo mediante a xestión directa e que só de xeito excepcional serán outras institucións as que se fagan cargo. Excepcionalidade que non é tal, logo de que se sucedan os anos sen cambio algún no sistema de xestión, habendo iso si discriminación no trato coa cidade de Ferrol, que ten que asumir unha competencia impropia polo desinterese da Xunta, cun custo para as nosas arcas.

 

Este Grupo formulou no transcurso da comisión informativa a proposta para artellar unha comisión que se reúna coa consellaría de educación e formule unha proposta nidia para que esta asuma as súas competencias e os custos derivados dela cun prazo determinado. Sen máis indefinicións que nos custan cartos públicos a nós.

 

Doutra banda, Esquerda Unida considera necesario, á luz da experiencia do ano pasado e diante da situación de agravamento da crise a causa da teimuda aplicación dunha política inútil e criminal ( útil e afortunada somentes para unha pequena minoría en guerra contra todos nós ), o acordar unha contía superior para garantir que ningún neno ou nena quede fóra do servizo de comedores  por falla de dispoñibilidade orzamentaria.

Relacionados