Comedores Sociais

 

O noso Grupo Municipal chama a atención e recrimina ao Goberno Municipal a mala xestión da área económica, que reproduce agora os atrasos e impagos dos que acusou nestes meses atrás ao Goberno anterior. “Este Goberno estase a especializar nos atrasos para solucionar problemas e nas demolicións para producilos”  denuncia Yolanda Díaz, Voceira do Grupo.

 

Yolanda Díaz afirmou que a súa organización levará ao Pleno a petición, en forma de moción, para que os comedores sociais sexan asumidos pola Xunta de Galicia. Goberno Feijóo que ten en Ferrol a un pagano das súas deixacións, sexan estas os comedores escolares ou este outro equipamento social. Corresponde asumir unha fórmula para o longo prazo e non parchear sobrecargando de traballo a entidades sociais que xa desenvolven outras labouras, e que aínda por riba sofren logo  a mala xestión económica deste Goberno.

 

Doutra banda, EU entende necesario acadar un acordo no seo do concello, acordo que contemple a programación e a dotación cos recursos suficientes destes equipamentos sociais, de xeito que en todos os barrios da cidade se garanta a posta en funcionamento dun comedor social ao longo deste mandato, comezando pola posta en funcionamento do comedor social de Esteiro e San Pablo, zonas onde xa hai os medios e recursos para poñelos en marcha. Falla o de case sempre: a vontade de ampliar as prestacións sociais a nosa veciñanza.

 

Razóns de orde social e demanda cidadá fundan dar este salto que permita estender ao conxunto da cidadanía a prestación dun servizo cada vez máis necesario por demandado.

 

Relacionados