Comedores sociais

 

Este  servizo social semella indispensable na actualidade e xa que logo demandamos que este Goberno poña as cartas enrriba da mesa e planifique a posta en funcionamento nos diversos barrios da cidade desta iniciativa, que xa se lanzou no anterior mandato corporativo.

 

Yolanda Díaz, Voceira do Grupo Municipal, formula como primeira acción neste eido a posta en funcionamento do comedor social de Esteiro, que conta con consignación orzamentaria dende o pasado exercicio e que o actual Goberno vén adiando sen motivación algunha. As obras de reforma para acondicionar o local veciñal de Esteiro para acometer esta iniciativa social xa están feitas, o que introduce un elemento de singular perplexidade para noso Grupo: a que espera o Goberno do PP para aproveitar as obras feitas e pór en marcha este servizo no barrio de Esteiro ?

 

As obras que restan pendentes non impiden a posta en marcha deste servizo: falla a adaptación do servizo para persoas con discapacidade ( aínda que o local veciñal ten outros dous) e botar a tarima flotante, elementos para os que había consignación orzamentaria, que o Goberno do PP non empregou. Son obras que aínda pendentes de execución en modo algún impiden a posta en marcha dun servizos social necesario e con demanda.

 

A zona centro e Catabois son outras das zonas da cidade nas que xa se formulara a previsión de posta en funcionamento deste servizo.

 

Esquerda Unida levará ao Consello sectorial a esixencia de artellar polo Goberno Municipal un calendario de posta en marcha deste servizo nos diferentes barrios da cidade e a habilitación da partida orzamentaria suficiente para satisfacer a cada vez máis numerosa demanda.

 

Un exemplo da mala asignación de prioridades e mais nun contexto da grave crise económica e social é a determinación do PP de enterrar preto dun millóns de euros na praza de España. EU pídelle ao Goberno que adique parte dese diñeiro público a financiar a estensión do servizo de comedores sociais aos diferentes barrios da cidade sen el.

 

Queremos significar que hoxendía o PP non debería negar o que cando estivo na oposición no pasado mandato apoiou sen reservas. Cambiar de posición sen outra argumentación que pasar a ser goberno somentes merece cualificarse como oportunismo e sementa na cidadanía a consideración de arte mentireiro para a praxe política.

Relacionados