Comisión de investigación

Santiago de Compostela, 1 de agosto de 2013.- Alternativa Galega de Esquerda (AGE) lamenta que o vicepresidente da Xunta, Alfonso Rueda, utilice a traxedia para facer ‘autobombo’ tal e como quedou de manifesto coa apresurada convocatoria de comparecencia en sede parlamentar para dar explicación e facer balance do dispositivo posta en marcha no accidente ferroviario do pasado 24 de xullo en Angrois á entrada de Santiago de Compostela. Os deputados de AGE consideran lamentable que a Xunta opte por se dar publicidade en vez de esclarecer a realidade sobre o que aconteceu tal e como reclaman os familiares das vítimas é e o deber do goberno galego.

A viceportavoz de AGE, Yolanda Díaz, destacou na súa intervención na Comisión 1ª celebrada esta tarde na que compareceu o vicepresidente da Xunta para falar deste tema, destacou a necesidade de chegar ao fondo do acontecido para o que é o seu grupo solicitou a constitución dunha Comisión de Investigación sobre as causas do accidente así como sobre as condicións de seguridade na rede ferroviaria de alta velocidade en Galicia.

Por outra banda, a viceportavoz de AGE sinalou que o operativo funcionou grazas á vontade da sociedade civil que foi quen de contrarrestar as eivas que existiron no dispositivo da Xunta de Galicia entre os que destacou a falla de coordinación do mando único tal e como sinalaron ao grupo de AGE os propios profesionais que participaron no dispositivo. Yolanda Díaz destacou na súa intervención a necesidade de recuperar a se a xestión dos parques comarcais de bombeiros tal e como solicitou este grupo parlamentar de Alternativa Galega de Esquerda o pasado día 8 de xullo xa que “manter os sistemas de emerxencia do noso pais en mans privadas é un auténtico suicidio”.

Relacionados