reganosa.jpg - 3.59 Kb

Investigación para Reganosa

 

O Grupo Municipal de Esquerda Unida avanzou hoxe en rolda de prensa a batería de iniciativas parlamentares  no Congreso para enfrontar o escándalo político-económico de Reganosa, que ten agora un corolario necesario ao cúmulo de irregularidades e ilegalidades: a sentenza do Tribunal Supremo que declara a nulidade do trámite municipal para modificar puntualmente o plan xeral de Mugardos, trámite ilegal que se fixo para cohonestar unha planta de gas superflua e  que ameaza a nosa veciñanza. 

O Grupo Parlamentar de IU- A ESQUERDA PLURAL no Congreso presentou nestas xornadas dúas preguntas parlamentares reclamando do Goberno do Estado que asuma as súas competencias e garanta con elo os dereitos, a seguridade e a legalidade para a veciñanza de Ferrolterra en relación coa planta de gas instalada no corazón da ría de Ferrol.

 

EU pregunta polo sospeitoso tráfico de descargas e cargas  do mesmo cargamento de gas  realizadas nestes meses, tráfico e operacións de dubidosa necesidade e que aumentan exponencialmente o risco que padece a nosa cidadanía. Non se entende e non se xustifica que embarcacións recalen na ría de Ferrol para descargar un gas que volven a cargar dous ou tres días despois. Esiximos que as autoridades ministeriais indaguen as razóns dunha práctica operacional que non ten pes nin cabeza.

 

Outra das iniciativas reclama unha actuación urxente do Goberno do Estado, no ámbito das súas competencias, para executar unha sentenza –a do Tribunal Supremo en segunda instancia e que xa é firme- que supón que a planta é ilegal e que os procedementos e actuacións que se sucederon para poñela en funcionamento  non teñen validez algunha.

 

EU anunciou na rolda de prensa de hoxe que nas vindeiras datas se presentará no Congreso  a demanda dunha Comisión de Investigación sobre o conxunto do expediente Reganosa, para que o Parlamento do Estado acade unhas conclusións, que ao noso xuízo somentes poden rematar co desmantelamento da actual planta de gas. En canto se presente a moción para crear esa Comisión daremos cumprida conta de todos os seus extremos.

 

Relacionados