Comisión de investigación

 

Con todo, Javier Losada, que debería constituírse en exemplo de acatamento da legalidade vixente ven de descartar a posibilidade da demolición do devandito edificio. Declaracións que a xuízo do Coordinador Comarcal de EU, César Santiso, “amosan o pouco respecto que ten o alcalde da Coruña polo estado de dereito, semella que se sinte por riba do ben e do mal”. César Santiso tamén criticou as verbas de Losada “Seguiremos defendendo aos veciños e seguiremos acudindo a todas las instancias xudiciais”, pois segundo o Coordinador Comarcal de EU “a Losada e o seu equipo de Goberno non lle preocupan os veciños senón as consecuencias políticas derivadas da demolición do inmoble, por iso está a consumir recursos públicos e a sobrecargar aos servizos xurídicos municipais coa única intención de dilatar o proceso ata despois das eleccións municipais”.

 

Neste sentido, o Consello Comarcal de EU Coruña considera que o recurso de súplica que presentará o concello é unha mera estratexia dilatoria para atrasar o inevitábel derribo do ilegal edificio de Fenosa.

 

Moitas son as eivas en materia urbanísticas que está a cometer o concello da Coruña: Someso, Parque ofimáitco, As Rañas, edificio de Fenosa… Por iso, Esquerda Unida, en aras a mellorar a transparencia do concello, móstrase a favor da creación dunha comisión de investigación co fin de depurar responsabilidades políticas na concesión da licenza municipal a Fadesa. Dende EU defendemos unha comisión pública e transparente na que teña voz, como velador de eficacia e veracidade, o tecido asociativo coruñés afectado polo caso, e así avanzares na participación cidadá. Asemade, esiximos da devandita comisión que faga público tanto as conclusións acadadas como os distintos fíos de investigación desenvolvidos e a argumentación esgrimida por cada un dos membros da devandita comisión. Porque os coruñeses e coruñesas temos dereito a saber o que realmente se esconde tras estas eivas urbanísticas.

 

Finalmente, o Consello Comarcal de EU solidarizase cos propietarios de dito inmoble, pois entende que son os grandes damnificados desta irregularidade urbanística do concello, por iso insta ao Goberno local a que inicie de urxencia os trámites para concederlles a indemnización por danos e prexuízos que lles corresponde.

Relacionados