Comisión desafiuzamentos

 

Este acordo vai implementar unha mocións que presentada en marzo de 2011, ainiciativa de Esquerda Unida, busca evitar que se produzan desafiuzamentos nas vivendas habituais na nosa cidade. Evitar unha situación dramática que non ten xustificación algunha, e que fire a condición de cidadanía social que nos presume a Constitución.

 

Lembrar que nunha escalada de vergoña cada día se están a producir 250 desafiuzamentos no Estado ( territorio onde restan baleiras 6 millóns de vivendas), cando as entidades bancarias que executan este acto de miserabilismo social reciben milleiros de millóns de euros nas axudas e avais públicos do Estado español. Semella razoable, que alomenos non boten á rúa a familias que non teñen outro teito onde guarecerse e que se acorden vías alternativas que eviten esa último ratio capitalista, a do “frío cálculo egoísta” segundo anotara Carlos Marx na Manifesto do Partido Comunista en 1848, baixo o peso da crise económico e da  primavera dos pobos europeos.

 

Esquerda Unida considera que a constitución da comisión supón un fito que terá que garantir que no ulterior ningunha familia da nosa cidade perda a súa vivenda habitual en caso de non poder facer fronte ao pagamento da hipoteca, mediante o exercicio de mediación e axuda que esta Comisión terá encomendado.

 

A constitución desta comisión para evitar desafiuzamentos foi o punto  de acordos terceiro da moción a prol da dación en pago presentada por RU en marzo de 2010, rexistrada o día da Clase Obreira Galega, o 10 de Marzo. Texto que se engade a esta nota de prensa e que contempla que na devandita comisión participen os grupos políticos, unha representación das entidades e das entidades  sociais  que traballan na problemática de evitar a marxinación e a exclusión social.

 

O noso Grupo Municipal salienta que esta comisión nos sitúa nun papel de vangarda  no eido da loita contra a exclusión social e na defensa dunha cidadanía social e con dereitos. Cando rebasamos as oito mil persoas en paro( con preto de 7.900 rexistradas ), esta medida supón un elemento certo e concreto para deter na nosa cidade a lacra dos desafiuzamentos nas vivendas habituais.

Relacionados