Comisión Investigación FEIL

 

Asemade, o órgano fiscalizador critica o incumprimento por parte do Goberno bipartito de velar polo cumprimento da normativa, tanto legal como técnica nos proxectos, feito especialmente grave a xuízo de EU-V no caso da instalacións de xogos infantís e solo sitntético nos colexios públicos, debido a que se puxo en risco a seguridade dos nosos rapaces.

 

Esquerda Unida considera que a cidadanía ten dereito a saber o acontecido coa xestión do FEIL, a comisión de investigación non remunerada supón un exercicio de transparencia, non ten custo algún e permitiría ao Concello cumprir cunha esixencia que os cidadáns están a demandar constantemente aos poderes públicos. O debate non é si se vulneraron o no os principios de concorrencia, publicidade e equidade como algúns pretenden facernos crer, trátase de analizar dende un prisma político porque o Tribunal de Contas detecta tantas anomalías, o dito doutra forma porque se cometeron tantas eivas. Por outra banda é de xustiza que a cidadanía coñeza o grado de eficiencia con que se xestionaron os 43,2 millóns de euros do dito plan porque supoñen unha sexta parte do orzamento anual municipal e ademais pretendían ser unha ferramenta da económica, razón pola cal facíase máis necesario, se cabe, un uso racional e eficiente deles.

 

O grupo municipal de Esquerda Unida – Os Verdes insta ao Goberno local a recapacitar diante da súa negativa a crear a comisión de investigación porque o tribunal de contas investigou tan so o 8% das actuacións. O Sr. Flores indicou “es evidente que no parece razonable investigar en el Ayuntamiento lo que ya ha mostrado sobradamente el Tribunal de Cuentas”, máis esquece que o órgano fiscalizador tan analizo 7 dos 85 proxectos.

 

Neste sentido o voceiro de EU-V, César Santiso subliñou que “é lamentábel que os uns tapen aos outros, non é de estrañar a desafección da cidadanía coa política e cos políticos e que se manifesten ao grito de <non nos representan>”. César Santiso  indicou que “resulta lamentábel observar como algúns pretenden desacreditarnos insinuando que non exercemos oposición polo mero feito de loitar porque a veciñanza coñeza como se xestionaron os fondos públicos do plan Zapatero, a nosa intención non é sinalar co dedo acusador a ninguén simplemente queremos que a veciñanza coñeza o acontecido porque o poder reside no pobo”.

Relacionados