Comisión Investigación Someso

 

O Concello argumentou que os terreos adquiríanse por un contrato de compravenda no canto de por expropiación, con todo, a sentencia emitida polo Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (TSXG) obriga ao Concello da Coruña a pagar máis de oito millóns de euros en concepto de indemnización.

 

Agora o novo goberno municipal está a negociar cos avogados dos propietarios dos terreos os prazos para o pagamento das indemnizacións marcadas polo TSXG, que unha vez resoltos todos os procesos abertos poderían chegar até os 20 millóns de euros.

 

Esquerda Unida, que sempre se manifesta a prol da transparencia na xestión pública, reclama unha comisión de investigación para depurar responsabilidades no caso Relámpago. Comisión que xa apoiou cando a solicitou o grupo municipal do PP a finais do ano pasado.

 

O voceiro de EU-V, César Santiso, declarou “cando o PP estaba na oposición solicitaba unha comisión de investigación, agora ten unha oportunidade para demostrar que non o facía por mero rédito electoral”. Santiso preguntouse “nos mantemos o mesmo criterio e, xa que logo, seguimos a mostrar coherencia, fará o mesmo o PP?”.

 

O grupo municipal de EU-V considera que a cidadanía ten dereito a coñecer como se desenvolveron os feitos que supoñen as arcas municipais unha perda de máis de oito millóns de euros.

Relacionados