Comisións plenarias

 

Esquerda unida vota en contra dos modificativos do Concello e do IMCE e da cesión gratuíta do edificio da fábrica de tabacos. Aínda que somos coñecederes que é unha practica habitual non so neste concello senón en toda a Admón. Local, consideramos os modificativos de crédito unha mala praxe política que ven a reflectir a incapacidade do goberno municipal a executar o plan de goberno deseñado para o exercicio en curso, pois non debemos esquecer que os orzamentos amosan en números a vontade política dos gobernantes, si se necesita un modificativo é porque non se soubo ou non se puido executar correctamente os orzamentos, ou polo contrario que os orzamentos realizáronse sen intención de cumprilos, o que é aínda máis grave.

Semella inaceptábel que o goberno municipal pretende agachar a súa inacción política con festas e espectáculos, así pois o PP pretenda habilitar un suplemento de crédito de 700.000 € para o IMCE (Instituto Municipal Coruña Espectáculos), máis se cabe cando a meirande parte deste malgasto, 500.000 €, nin tan sequera xustifícase pois aplícase á partida 338/227.99 outros servicios diversos. EU-V aposta por outro tipo de políticas en relación a festas e espectáculos, unha política baseada na austeridade, porque hai que saber priorizar, que permita, desenvolver espectáculos e festas dignas na Coruña sen facer grandes investimentos. Por iso apostamos por renunciar a subvencionar custosos espectáculos a cambio de fomentar aos artistas locais e aos novos talentos autóctonos, promovendo así a este sector económico local e aforrando cartos para cubrir necesidades máis perentorias.

 

Por outra banda, rexeitamos que o Goberno municipal, por intereses partidistas, regale á Xunta de Galicia un ben de todos os coruñeses e coruñesas como a Fábrica de Tabacos. Aínda que valoramos positivamente a reutilización do edificio como sede xudicial non podemos aceptar que a cesión sexa gratuíta, o Goberno local tiña que saber negociar coa Xunta para acadar un acordo máis beneficioso para a veciñanza coruñesa e non sucumbir diante dos intereses do seu partido, o PP.

 

O grupo municipal de Esquerda Unida – Os Verdes, o único que nas Comisións de Facenda e Medio Ambiente votou en contra, apoiou a disolución da mancomunidade, porque entendemos que era un ente ineficiente que non achegaba ningún tipo de mellora a cidadanía e consideramos que a formula de desenvolver servizos mancomunados entre concellos é moito máis flexíbel, eficaz e menos custosa ao reducir burocracia e prescindir de cargos públicos, pois os órganos de goberno son os propios Plenos dos Concellos que decidan libremente compartir a xestión dun servizo.

 

 

O voceiro de EU-V, César Santiso, indicou que “é inaceptábel que en tempos de crise o goberno local incremente en 700.000 € os gastos par espectáculos e festas”. A situación na nosa cidade comeza a ser dramática: 24.000 persoas desempregadas e cerca do 20% da veciñanza en risco de exclusión social, e dicir un de cada cinco coruñeses atópase no limiar da pobreza. Diante desta situación o Concello en lugar de aplicar políticas activas de emprego o incrementar os servizos públicos municipais para evitar que o grado de benestar da cidadanía coruñesa sega a diminuír, dedicas a incrementar os investimentos para festas. Así pois, semella que o goberno local recorta en ensino para malgastar en festexos. Con todo nós propoñemos destinar estes cartos para incrementar a rede de escolas infantís municipais, na procura de equilibrar o balanzo entre a demanda, catro veces superior á oferta, o que implica que 650 familias traballadoras coruñesas non poidan acceder a este servizo fundamental para conciliar a vida familiar e laboral.

Relacionados