Comité de empresa de Vitrasa

Os deputados parlamentarios de Alternativa Galega de Esquerda, Juan Fajardo, Chelo Martínez e Eva Solla visitaron hoxe aos empregados e empregadas que permanecen acampados en fronte da empresa para reclamar os seus dereitos. Posteriormente mantiveron un encontro co Comité de Empresa.

O Grupo Parlamentario de Alternativa Galega de Esquerda lamenta que sempre sexa a clase traballadora a que pague as consecuencias da inoperancia das institucións e lembra ao Concello de Vigo que tanto a resolución do conflicto, coma o respeto aos servizos mínimos son responsabilidade do mesmo, posto que, a pesares de tratarse dunha empresa privada, está a ofrecer un servizo público, como é o transporte urbán.

Así, denuncian que “é unha vergoña que o Concello permita que a empresa manexe os servizos mínimos aos seu antollo, deixando dende o inicio da folga, xa oito días, sen servizo ás persoas que empregan os buses para mobilidade reducida.

O mesmo acontece con outras liñas, nas que o funcionamento é case nulo, mentres que paralelamente a empresa mantén case a totalidade de frecuencias noutras.

Os deputados parlamentarios de Alternativa Galega de Esquerda fixéronse eco das solicitudes dos traballadores e traballadoras no tocante ao Convenio Colectivo, motivo polo cal iniciaron a folga, tras case once meses de negociación con Vitrasa. “Resulta inverosímil que unha empresa que obtén millóns de euros de beneficio non poida asumir unha suba do un por cento dos salarios” suliñaron.

Ademáis os parlamentarios lembran que a flexibilidade de horarios e aumento de xornada anual que propón a empresa resultan moi perigosos cando falamos dun transporte público. E lembran que os conductores e conductoras teñen dereito a descansos que garantan  realizar a súa labor con seguridade.

Por outra banda, o Grupo Parlamentario de Alternativa Galega de Esquerda, destaca que anunciar que non subirá o custe de Vitrasa o próximo ano é un engano, xa que de non subir directamente o prezo do billete, o Concello deberá pagar máis á empresa para compensar as perdas, polo que, os vigueses e viguesas financiarán indirectamente o beneficio de Vitrasa con cartos públicos mentres a empresa recurta os dereitos aos seus traballadores e traballadoras.

 

Relacionados