Comparecencia polo sector naval

Esquerda Unida, que solicitara formalmente a comparecencia a través do deputado Llamazares considera que o esforzo das organizacións sindicais teñen sido claves para que o goberno retome os esforzos por impedir o afundimento do sector naval.

Na comparecencia IU cuestionará a estratexia levada a cabo estes meses polo goberno, incapaz de plantarlle cara á comisión europea e nomeadamente ao comisario Almunia e cunha reacción tardía a poucos días da resolución final do colexio de comisarios.

EU considera necesario implementar medidas de control público nos asteleiros privatizados, considerándoo como sector estratéxico para evitar a reducción drástica de emprego que desde 2007 e até 2011 aconteceu (máis do 27% o que supuxo a perda de 40.000 postos de traballo no conxunto do sector.

 

Igualmente Llamazares recriminará ao ministro Soria a falla de cumprimentos das promesas de carga de traballo e sistemas de financiación axeitados para a construción naval anunciados a bombo e prato polo goberno.

Relacionados