Complexo deportivo de Navia

Esquerda Unida Vigo opónse frontalmente á concesión da xestión do novo complexo deportivo do PAU de Navia a unha empresa privada, tal como figura no anteproxecto do complexo deportivo de e foi aprobado polo goberno de Vigo o pasado martes 2 de abril en xunta de goberno.

Segundo as estimacións do propio goberno a invesión suporá uns 7,3 millóns de euros, e a epresa concesionaria podería ingresar uns 2,1 millóns de euros anuais nunha concesión a 50 anos.

Con estos número na man EU Reta ao alcalde a que lle explique á cidadanía viguesa a rendabilidade da privatización do novo centro deportivo e non a través do propio concello, como sucede co actual pavillón e campos de fútbol do PAU.

EU oponse así mesmo ao proxecto actual proposto polo concello que supón un claro empobrecemento do acordado no seu momento coa asociación veciñal de Navia, xa que se elimina a piscina olímpica e se reducen dotacións deportivas ao incrementarse as prazas de aparcamento existentes no proxecto anterior

EU considera nas antípodas das políticas da esquerda o proxecto aprobado do goberno e propón unha xestión 100% púplica do novo complexo, que redunde nun servizo máis económico á cidade e os usuarios ao tempo que se fortalece o sector público local e a capacidade do consistorio nas súas estratexias de xeración de emprego.

Relacionados