Compostela acolle a presentación da ‘Axenda Galega do Cambio’, da man das deputadas, os deputados e a senadora de En Marea

Esta mañá estivemos coas deputadas, os deputados e a senadora de En Marea, que presentaron en Compostela a ‘Axenda Galega do Cambio’, o documento que foi trasladado esta semana ao Executivo e á ministra Meritxell Batet, e que consta de 50 propostas para defender as demandas, respecto ao Estado, da maioría social galega. Este documento reflexa o traballo que as deputadas e os deputados levaron ao Congreso, unha materialización das demandas do conxunto da cidadanía galega a nivel local, comarcal e do conxunto do país.

Respecto ao tema de industria, a deputada de En Marea, Yolanda Díaz, mostrou a súa solidaridade coas traballadoras do mar “que se están mobilizando en defensa de dereitos laborais dignos”. Díaz destacou que “Galicia ten que estar ao mesmo nivel que Catalunya e Euskadi” e para iso incidiu na transferencia da AP-9 e da A-53.

“Hai que defender Galicia de forma transversal. É inaudito que estemos sufrindo o acoso das grandes eléctricas. Pedimos medidas para intervir nos prezos da factura da electricidade. Medidas claras que teñen que ver coa enerxía como sector estratéxico, ademais da recuperación das centrais hidroeléctricas”, explicou a deputada, lembrando a importancia das medidas en materias industriais xa que agora “non hai excusas porque temos un Ministerio de Industria”.

Pola súa banda, a senadora de En Marea, Vanessa Angustia, destacou “a defensa da riqueza económica, social e ambiental para Galicia, cun mar que é o motor económico que xenera riqueza na nosa costa”. Ademais, a senadora lembrou a necesidade de termos dereitos laborais dignos para a xente do mar, así como diferentes peticións para as grandes cidades.

No acto, no que tamén estiveron a deputada Alexandra Fernández, Ángela Rodríguez, e os deputados Antón Gómez-Reino e Miguel Anxo Fernán Vello, falouse tamén do compromiso da chegada do AVE a Galicia, da posta en práctica de políticas públicas feministas e as políticas verdes e sostibles, de termos unha ría se ENCE ou de trazar unha rede cultural que poña en valor o patrimonio cultural e artístico no noso país; todas estas demandas reflectida na ‘Axenda Galega do Cambio’.

Descarga dende aquí a Axenda Galega Do Cambio

 

 

Relacionados