A situación provocada pola Covid19 esixe dun proceso de desescalada que neste momento se atopa na denominada fase 1, na que entre outras cousas reabre o pequeno comercio.
Desde Esquerda Unida consideramos necesario o fomento e dinamización do consumo neste tipo de comercios porque ademais de reactivar a economía local contribúe ao tamén necesario fomento dun consumo sostible e respetuoso co medioambiente.
- O consumo no pequeno comercio e no comercio de proximidade é fundamental para dinamizar a economía local.
- O gasto que realizamos no comercio local retorna á economía local nunha proporción de ata 3 veces máis con respecto ao gasto que ser realiza nunha grande superfie.
- O consumo local impulsa a estacionalidade dos produtos alimentarios e contribúe a que sexa sostible.
- A proximidade reduce o gasto enerxético que produce o transporte de produtos.
- O comercio local ademais de xerar emprego, fixa poboación nos barrios e contribúe a ter uns barrios vivos.