Comunicado da oposición sobre o Ofimático

evitando así que a postura defendida polo goberno de Negreira sexa unha nas comisións e outra ben diferente nos medios de comunicación, e coa finalidade de evitar chantaxes.

PSOE, BNG e EU denuncian que o goberno local exclúe á oposición, convocando a reunión cos afectados do Ofimático nunha data na que os voceiros da oposición xa informaran que non poden asistir. Logo de informar os voceiros da oposición, no día de onte e hoxe a primeira hora da mañá, a súa imposibilidade para realizar a xuntanza o venres e unha hora despois de rexistrar a oposición a dita solicitude, o goberno municipal anuncia publicamente que convoca aos grupos da oposición a unha xuntanza o venres e ten a cara dura de pedir á oposición publicamente “resposabilidade”. O goberno municipal esgrime o peregrino argumento de que xa están convocados tanto cooperativistas como residentes desaloxados, pero a realidade é que os cooperativistas aínda non están convocados. É dicir o PP minte unha vez máis.

Xa que logo, a oposición lamenta profundamente a falta de responsabilidade do goberno municipal que xoga coa grave situación na que se atopan os residentes en risco de desaloxo e os cooperativistas para obter réditos políticos. Semella que a xuntanza que pretende realizar o PP pouco ten que ver coa posible resolución do problema, senón que o que se procura é unha foto para “facer crer que se fai”. Resulta incomprensible a rixidez dun goberno municipal incapaz de modificar a data da reunión apesares de afirmar publicamente a necesidade de consenso de toda a corporación.

Semella lamentable que o goberno municipal rexeite a solicitude da oposición para que na reunión cos afectados do Ofimático participe o alcalde e o secretario xeral para garantir unha solución legal. Actitude que ven a demostrar que a solución proposta polo PP resulta de tal inseguridade xurídica que non ten o aval dos técnicos municipais.

PSOE, BNG e EU reiteran o seu compromiso coa resolución dos problemas do Ofimático e lémbranlle ao Goberno Local que por moi excepcional que sexa a situación a súa solución debe ser legal, que foi no que insistiron os citados grupos municipais na súa moción que o Goberno Municipal rexeitou sen explicación algunha. Por iso consideramos que os técnicos municipais (Asesoría Xurídica, Intervención Xeral e Secretaría Xeral) deben participar no proceso de decisión para garantir a legalidade do mesmo.

Relacionados