Comunicado de apoio a Laura

Pasou, practicamente, dous meses preso baixo o réxime FIES 5, un réxime penitenciario para persoas perigosas e con alto risco de fuga, polo que permanecía practicamente incomunicado, illado e apartado (todo isto sen antecedentes).

Logo, o luns 7, unha internauta (@almu_en_lucha) foi interrogada e acusada de incitar á violencia polas súas mensaxes na rede social Twitter. Resulta que estas mensaxes “violentas” son citas do filósofo italiano Antonio Gramsci, condenado polo réxime de Mussolini por actividade conspirativa.

É curiosa a forma que ten o réxime de oprimir á cidadanía non aliñada. Estes son dous bos exemplos da política represora e de medo que se está a levar a cabo no Estado Español. Os poderes institucionais, impregnados de neoliberalismo e dominados polo capital, pretenden aplastar a mínima mostra de disconformidade e de rebelión con medo e violencia, mais, nas rúas sempre hai heroínas e heroes que non agochan a cabeza, que non deixan de berras: BASTA!

Laura Bugalho é un moi bo exemplo disto. Activista do movemento trans galego, feminista, independentista, 15M e defensora dos dereitos humanos, ademais de adicarse profesionalmente a persoas migrantes que acuden ao Departamento de Migración do sindicato CiG (Confederación Intersindical Galego). O seu activismo en Liberdades Sexuais foi recoñecido no 2011 co premio Nicolás Salmerón.

A todo isto, podemos sumarlle o importante papel que Laura Bugalho tivo na denuncia dun entramado que desembocou no 2009 na ‘Operación Peregrino’, na que Laura denunciou a implicación de membros de Estranxeiría da comisaría de Compostela. Tras estas acusacións, Laura denunciou sufrir acoso por parte da policía.

Agora, Laura Bugalho enfróntase a entre 3 e 6 anos de cadea acusada por falsidade documental continuada de documentos públicos. Durante a imputación de Bugalho, leváronse a cabo máis dunha irregularidade, como a citación a quince persoas sen petición xudicial e a ameaza ás mesmas de quedar sen papeis de non testificar. Ademais, foi retida durante 48 horas, durante as que denunciou malos tratos e vexacións pola súa condición.

Non son poucos os colectivos, xunto coa mesma Laura, @s que denuncian a persecución difamatoria e xudicial que está a sufrir. Dende ALEAS-EU queremos unirnos a estes colectivos e pedir a desestimación xudicial do caso, posto que Laura Bugalho non é unha delincuente, é unha heroína galega. Así, tamén esiximos o cese do acoso por parte das forzas de represión do réxime contra a activista e unha petición de desculpas pública

Relacionados