Comunicado Executiva Nacional

EU considera que é irrenunciable que a acta de Ourense que deixará o deputado David Fernández ten que ser ocupada por outro candidato ou candidata da mesma formación, neste caso ANOVA; e do mesmo xeito fará valer os acordos políticos dos órganos de EU (executiva nacional, consello politíco nacional, Consello comarcal de Ourense e asemblea de afiliados da mesma comarca) que emprazan a Carmen Iglesias a renunciar a acta.

EU da traslado esta mesma tarde dun burofax a Carmen Iglesias cun requerimento a dar cumprimento a estes acordos e indica que “calqueira incumprimento do mesmo significa a apertura de expediente sancionador e a suspensión cautelar de militancia en EU”.

A executiva nacional de EU reunida hoxe de urxencia e seguindo o mandato do Consello Político Nacional, unha vez comunicada a decisión de David Fernández Calviño de renunciar á acta de deputado, acordou trasladar a Carmen Iglesias Sueiro que, ao efecto de cumprir os acordos asinados entre as distintas partes que conforman Alternativa Galega de Esquerda, comunique no prazo máximo de 48 a súa renuncia á acta.

O secretario de organización de EU, Rubén Pérez considera que “este acordo non emana no esencial nin de pactos con outras forzas nin de improvisacións, sae directamente da vontade colectiva de EU de fortalecer o proxecto de AGE e unha actitude personal non pode secuestrar esta vontade”.

Relacionados