Esta petición realizarase o mércores día 23 de marzo ás 11:00hs na Delegación do Goberno da Coruña co ROLDA DE PRENSA posterior diante da mesma sede da Delegación do Goberno.
COMUNICADO:
Día Internacional contra a Discriminación e o Racismo
LOITAR CONTRA CALQUERA TIPO DE RACISMO, INCLUÍNDO O INSTITUCIONAL
Lexislación segregacionista, políticias “de integración” discriminatorias
e persecución policial son a nova cara do racismo.
No día 21 de marzo, data na que se recorda o masacre de 69 persoas sudafricanas polas forzas de orden cando se manifestaban pacificamente polo fin do apartheid, o Foro Galego de Inmigración quere poñer de manifesto as novas caras que adopta o racismo mediante a promulgación de leis restritivas, dun réxime de control de fluxos policíaco e do tratamento utilitarista e delicuencial das migracións, que teñen nos CIE´s o seu máximo expoñente de execepción e violencia.
Polo anterior, queremos denunciar:
1- A persecución policial que sofren as persoas inmigrantes, especialmente as que se atopan en situación de irregularidade administrativa, sometidas a …
A actual situación de crise económica -na que se agravan as situacións de exclusión e se dispara a competencia polo recoñecemento de dereitos e o acceso a recursos e servizos que menguan a cada día- contribúe á culpabilización e criminalización das persoas inmigrantes, abonando o terreo para o brote de actitudes e comportamentos racistas e xenófobas entre a poboación, interesadamente estimulados por determinados sectores sociais e políticos.
2- Que as diferentes institucións e administracións públicas colaboran con ese clima de fractura social e desconfianza ao emprender accións de carácter segregacionista e claramente discriminatorio, como é o caso das intervencións das forzas de seguridade ao someter a persoas migrantes a identificacións arbitraias guiadas por criterios étnicos. Ou de administracións como a Consellería de Educación, que diante do caso do uso do hyjab por unha alumna de Arteixo, amosouse incapaz de chegar a unha solución xusta e garantista, dando probas da total deriva en materia de políticas migratorias que se verifica en Galiza.
Esta deriva tamén se reflexa no recurte de recursos e servizos dirixidos á poboación migrante, enmarcado na estratexia de desmantelamento e privatización que se está a levar a cabo desde o goberno galego e estatal, e nomeadamente das oficinas de Atención as Migracións (UAMIs). Feito que se suma a grave situación que pasan as asociacións de inmigrantes e emigrantes retornadas que perderon no 2010 as achegas públicas que permitían o seu mantemento básico, achegas que parece non se van recuperar no presente ano 2011 e que poden supoñer a desaparición de asociacións, que son básicas para a plena acomodación destes colectivos e promoción dunha sociedade intercultural.
3- Nese sentido, unha vez máis queremos proclamar a necesidade de “DEREITOS IGUAIS PARA TOD@S”, principal base dunha política e dunha sociedade que non admita a discriminación e o racismo no seu seo. Sen dereitos iguais para tod@s non é posible unha verdadeira convivencia intercultural.”
Un paso fundamental para acadar este obxectivo é a loita contra a criminalización e persecución policial das persoas inmigrantes. Por iso, nesta semana na que se reafirma a loita contra o racismo e a discriminación, o FORO GALEGO DE INMIGRACIÓN xunto con ESCULCA OBSERVATORIO PARA A DEFENSA DOS DEREITOS E LIBERDADES presentarán unha Petición Formal ao Ministerio do Interior que s concretará coa solicitude das seguintes informacións:
1.-Número de intervencións policiais no ámbito da Comunidade Autónoma Galega que tiveran por obxecto a identificación de persoas en vías públicas.
2.- Detalle das mesmas por nacionalidade de orixe das persoas obxecto de identificación, con expresión do número total de dilixencias de identificación para cada nacionalidade e porcentaxe que supón no total.
3.- Detalle das mesmas por orixe racial das persoas obxecto de identificación, con expresión do número total de dilixencias de identificación para cada grupo racial e porcentaxe que supón no total.
4.-Número total de expedientes sancionadores de expulsión tramitados derivados das devanditas dilixencias identificatorias. Exprésese porcentaxe no que, sobre o total de identifcacións, procedeu apertura de expediente sancionador.
Son informacións que ofrecen de forma habitual os gobernos da maioría dos países da UE e que aquí se nos veñen denegando de forma sistemática.