Rematar coa simboloxía fascista.

Solución que non pasa por tapala con panos ou agochala da vista da cidadanía, e si en fundir a peza para coa súa resultante erguer un monumento conmemorativo adicado ás vítimas da ditadura e as persoas que loitaron nesa “longa noite de pedra” para recuperar as liberdades e os dereitos propios dunha cidadanía libre e crítica. Tal fora a proposta formulada por EU no mandato pasado, cando se conqueriu que deixara de ser foco de visitas e fotografías.

 

Esquerda Unida  quere lembrar que aínda son demasiados os vestixios franquistas que restan no termo municipal e que faltan as normas de convivencia dunha sociedade que se quer democrática. Dende o rueiro do Arsenal militar ate o escudo que coroa o vello edificio das aduanas, pasando por bustos de represores e criminais da ditadura como Camilo Alonso Vega que resta nos xardíns do centro hospitalario Juan Cardona, son varias as formas que honran a ignominia da ditadura e da guerra civil feita ao pobo que se dera como forma de goberno á República democrática de traballadores de toda clase, segundo proclamou a Constitución republicana.

 

Esquerda Unida insta á alcaldía da cidade a dirixir e alentar o proceso que conclúa a retirada de todas e cada unha das placas, estatuas e demáis honras adicadas a aqueles que mantiveron a España e ao noso país cautivos dun réxime criminal. O Goberno Municipal debe de dirixirse ás institucións que corresponda, como por outra banda ten feito EU, para que cumpran os contidos da lei 52/2007, que no seu artigo 15 preceptúa a retirada de símbolos e monumentos públicos referidos ao golpe de Estado, á guerra civil e a subseguinte represión e ditadura.

 

Esquerda Unida vai continuar, no entanto, coa súa laboura de denuncia e reclamación nos diversos eidos institucionais e fornecendo a laboura fundamental do tecido asociativo de memoria histórica e de republicanismo que son os protagonistas da ofensiva de dignidade que vai paseniñamente liberando aos espazos públicos desa simboloxía fascista.

Relacionados