Concello hipotecado

O grupo municipal de Esquerda Unida – Os Verdes alerta de que o Goberno municipal ignora a débeda da Coruña e reduce as amortizacións nun millón de euros ao tempo solicita máis diñeiro emprestado. A evolución do pago das débedas do Concello pasou de 13 millóns en 2010 a 12 millóns na previsión de 2014. Este feito deixa patente a inclinación dos gobernos do Partido Popular por a aumentar a débeda e debilitar a capacidade futura dos gobernos, pese a que publiciten por tódolos medios a imaxe contraria.

Esquerda Unida denuncia que o Goberno municipal hipoteca o Concello en 2014 cun novo préstamo de 11,45 millóns. O que de novo desmonta o falso mito de bos xestores, tal e como se reflexa na páxina 9 do informe do interventor, solicitarase este “elevado préstamo” o próximo ano. Na páxina 14 do citado informe, aclárase tamén que os catro millóns que o Concello aportará a Autoridade Portuaria para a construción do túnel da Mariña serán financiadas por préstamo. Ao noso xuízo, semella totalmente inoportuno pedir diñeiro prestado para construír obras inútiles das que os únicos beneficiarios son as empresas amigas do Partido Popular.

O voceiro de EU-V, César Santiso indicou que “Negreira gasta en caprichos o que non ten e condena á cidade a ruína para pagar os seus festexos, túneles e obras que pagaremos incluso despois do seu mandato”. Os orzamentos de 2014 supoñen máis prestamos, máis intereses, máis hipotecas e máis contratos interminables con empresas amigas. Ao mesmo tempo supoñen menos amortizacións, menos riqueza e menos capacidade económica do Concello para que poida loitar polos intereses públicos no futuro.

Relacionados