Concellos pola Unidade Popular

 

“E, ademais, consecuentes co seu coa necesidade da separación da Igrexa e do Estado, o que indica que hai unha nova faciana política, non só na forma, senón tamén nos contidos”, engadiu.

Respecto a simboloxía relixiosa, reparou nos “duros ataques que recibiron os alcaldes de A Coruña e Compostela por non acudir á Ofrenda. Temos que dicir que estes alcaldes foron consecuentes co seu programa político”.

Fronte a estas críticas, Xabier Ron recolleu que as persoas que estaban na ofrenda de Lugo referíronse a estes alcaldes como persoas que pensaban en“sociedades pechadas”. “¿Sociedades pechadas por defender unha sociedade laica? A sociedade pechada é a que constrúen eles”, dixo Ron. Respecto a isto, o deputado de AGE apreciou que “as sociedades pechadas son, máis ben, as que non abren os ollos e non ven as persoas migrantes que malviven nas nosas sociedades”. “A Lei de Estranxeiría, a Directiva da Vergoña, a Reforma do Código Penal, a Lei Mordaza… son todas leis que permiten que os migrantes teñan que vivir nas marxes das sociedades, con medo. Isto si que me parece crear unha sociedade pechada”, incidiu.

“Neste sentido, dende Esquerda Unida entendemos que a res pública é un espazo neutro en canto a crenzas, polo tanto, permite que cada persoa viva coas súas crenzas, pero nos seus espazos”, afirma Xabier Ron.

Transformación, diálogo e cambio

Xabier Ron seguiu a falar sobre a consecución da unidade popular “un proceso longo que dende Esquerda Unida xa comezou no 2009 coa conformación de AGE, seguiu coa participación nos procesos de mareas e continúa agora coa construción dun suxeito amplo e de xenerosidade que é a unidade popular”.

“Para isto, desde hoxe imos manter uns traballos de diálogo co tecido sindical, político e social para conformar a unidade popular dende abaixo. Neste senso, este fin de semana Alberto Garzón viaxará a Galicia para acudir a diversos actos, como a charla organizada polo Ateneo Republicano de Galicia en A Coruña, a festa que o Partido Comunista de Galicia que se celebrará en Vigo, e outros actos e reunións que se pecharán nestes días”, pronunciou.

 

Finalmente, na opinión do deputado de AGE, “o obxectivo desta visita é traballar en neste proceso de unidade popular que a cidadanía demanda para mudar dunha vez por todas as políticas regresivas e represivas que se levan a cabo dende a Xunta de do Goberno de Raxoi”.

Relacionados