O concello coruñés subvencionou no período 2000-2010 as corridas de touros con cerca de 1.200.000 euros.
Na concentración participou unha comitiva de Esquerda Unida na que destacaban distintos membros do consello comarcal, como o responsábel da Area de Mocidade, Jorge Crego, o responsábel de dereitos sociais, Fran Novoa, o secretario de movementos sociais, Miguel Nova, o responsábel de organización, Jorge Gil o César Santiso coordinador comarcal e voceiro do grupo municipal EU-V.
Ao remate da concentración César Santiso expresou a súa confianza en que este ano sexa o derradeiro que unha actividade cruenta cos animais, como as touradas, reciba subvencións do concello da Coruña. Así Santiso indicou que espera que o Goberno municipal recolla o sentir maioritario da veciñanza coruñesa que se expresa maioritariamente en contra da feira taurina.