Concesión do Teatro Colón

O grupo municipal EU-V declara que unha mellora nas condicións da empresa concesionaria non solucionará os problemas do Teatro Colón. Diante das dificultades polas que está a pasar o mundo da cultura, debido á crise e a suba do IVE cultural realizado polo goberno central do PP, semella fundamental repensar as relacións entre administración, empresas promotoras de actividade cultural e os propios xeradores de cultura, neste sentido en EU avogamos porque Concello e Deputación centren a súas actividades de dinamización cultural na promoción de artistas autóctonos ofertándoles espazos onde podan divulgar o seu arte. Destinando así os recursos destinados a fomento da cultura no eido local e desistindo de traer aqueles grandes espectáculos foráneos que producen perdas.

Esquerda Unida propón unha xestión pública do teatro coa participación das asociacións culturais da provincia no caso que e a concesionaria desista do contrato. Así os 300.000 euros que actualmente aporta a Deputación da Coruña ao Teatro Colón, poderíanse destinar a autoxestión do Teatro Colón por parte das distintas asociacións culturais e gremios de artistas da provincia.

O voceiro de EU-V, Cesar Santiso, afirma que: “o acceso a cultura é un dereito polo que debe velar a administración”. Para Santiso “o modelo de concesións deficitarias onde a administración cobre as perdas é erróneo, e acaba prexudicando á prestación dos servizos. A xestión pública a través da administración co apoio e control da cidadanía e as asociacións permitirá unha maior difusión da cultura que temos máis preto, multiplicando así o valor do investimento”.

Relacionados