Concesionarias servizos municipais

 

Así, subliñou a boa nova que supón a intención que ten o Concello de revisar o contrato de Albada, a concesionaria da planta de tratamento de refugallos de Nostián, para reducir o sobre custo que os coruñeses e coruñesas.

 

Esquerda Unida insta ao Goberno municipal a auditar os servizos prestados polas concesionarias municipais e actuar coa mesma contundencia no caso de outras empresas concesionarias que se están a lucrar a conta dos coruñeses. Non cabe dúbida que a empresa Albada estase a lucrar a conta do Concello da Coruña, pero non debemos esquecer que Nostian foi uns dos cabalos de batalla utilizados polo PP par acadar o Goberno en María Pita. Hai outras moitas concesionarias que tamén estanse aproveitando do Concello incumprindo as condicións da concesión cunhas actuacións cando menos irregulares como Valoriza, Cespa, Doal, Sermasa o Grupo Vendex por poñer un exemplo, empresas concesionarias, cuxos contratos e incumprimentos están a ser investigados por EU-V. “Terá o Goberno municipal os mesmos arrestos para actuar contra elas?”, preguntouse César Santiso.

 

O grupo municipal de Esquerda Unida – Os Verdes está a observar irregularidades e incumprimentos de contrato nalgunhas das empresas concesionarias de servizos municipais, dos que se dará conta a cidadanía coruñesa e ao propio Goberno municipal unha vez finalicen os traballos de investigación de EU-V. Porque, como indicou Santiso, “xa está ben de que baleiren os nosos petos para encher os de empresas privadas debido a amiguismos e mala xestión, os coruñeses e coruñesas queremos que paguen os culpábeis de tanta ignominia”.

 

Finalmente, o voceiro de EU-V indicou que “atopámonos decepcionados coa actitude do Goberno municipal en relación a nosa iniciativa para acadar un acordo institucional que mellore a mobilidade na Coruña e reduza o custe do transporte público colectivo, a nosa proposta era leal e sincera mais o PP non permitiu nin tan sequera debater a moción na que se pretendía crear unha comisión de mobilidade non remunerada que lle outorgarse forza ao Goberno local para negociar unha redución de prezos coa Compañía de Tranvías. Eles saberán cales son os motivos que lles impiden acadar un acordo que beneficie á veciñanza. Nós, fieis ao noso estilo e aos nosos principios seguiremos a pular pola obtención de beneficios para a cidadanía, por iso non renunciamos a acadar un pacto en canto a mobilidade”.

Relacionados