Mentres que na maoria de convocatorias todo transcurría con normalidade, na quedada da Coruña un grupo de persoas acudiu á acción reivindicativa non para apoiala, senón para tirar ovos ás persoas que estaban alí para reclamar liberdade e defender os seus dereitos.
É unha vergoña que a día de hoxe sigamos atopándonos con actitudes tan retrógadas, mais é unha proba do que pretendiamos denunciar con esta acción, que o heteropatriarcado é un feito, algo ao que debemos combatir, que a situación das persoas LGTBI aínda non está normalizada e que queda moito camiño por andar.
Dende a Área de Liberdade de Expresión Afectivo-Sexual de Esquerda Unida (ALEAS-EU) só podemos mostrar a nosa repulsa a este suceso de forma taxante e solidarízámonos con ALAS Coruña, á cal só podemos animar a seguir na loita e a reafirmarse na defensa dos dereitos do colectivo LGTBI.
Canto máis tenten asustarnos máis forte berraremos!
Para máis info.: aleas@esquerdaunida.org www.aleaseu.org