Condena da discapacidade

de Traballo e Benestar encargados de realizar esta tarefa. Así mesmo acusou ao goberno galego de actuar de xeito covarde e mentireiro ao tratar de escorrer a súa responsabilidade dicindo que non é competencia da Xunta o que tal e como declarou o deputado de AGE é falso. O RD 197171999 de 23 decembro e o RD 1856/2099 recoñecen a administración autonómica a capacidade para xestionar as avaliacións e recoñecementos e pola importancia que ten para as persoas con discapacidade, fai preciso que se axilicen estes trámites e se elaboren de oficio aqueles que sexan evidentes.

O deputado de AGE sinalou que o propio Valedor do Pobo denunciou “os atrasos á hora de coñecer as solicitudes para valorar por primeira vez a condición de discapacitado ou para renovar o grao previamente recoñecido son considerables e non tiveron solución” malia que en anos anteriores como sinala no mesmo informe foi solicitada “insistentemente”. Juan Manuel Fajardo apoiou as súas denuncias durante a súa intervención baseándose en datos concretos e amosou como exemplo ilustrador da situación a publicación no DOG o pasado 17 de setembro de 2013 da Consellería de Traballo e Benestar na que se recollía o falecemento da persoa como causa da resolución de arquivo do expediente por parte da Unidade de Dependencia.

Ante todo isto, AGE insta á Xunta a elaborar os mecanismos de procedemento e legais oportunos para outorgar de oficio o recoñecemento de grao de discapacidade equivalente as persoas que teñan recoñecido este grao en calquera outro país da UE así como as persoas que teñan recoñecido o grao de dependencia conforme as normas oportunas. Así mesmo, solicita a elaboración dun plan de choque de forma que se reforcen as equipas de valoración e persoal dependente da Consellería dedicado a facer estas valoracións co obxectivo de superar a actual situación de atraso dos expedientes.

Relacionados