Condicións de traballo axuda no fogar

 

 

A devandita situación  supón,  a partires de xa, a redución de horas de servizo para  unha treintena de traballadoras. e que supón,  a partires de xa, a redución de horas de servizo para  unha treintena de traballadoras.

 

O  noso Grupo Municipal quere chamar  a atención e reprobar a pasividade da concellería de benestar que coñecedora da problemática que acaece na empresa concesionaria resta na inanidade absoluta e se contenta con trasladar que é un problema que ocorre nunha empresa privada. Esquerda Unida quérelle lembrar á concelleira de benestar que esa empresa privada está a prestar un servizo público e que polo tanto correspóndelle ao Goberno Municipal a importante tarefa de velar polas condicións nas que este servizo se presta e polas condicións nas que desempeñan unha laboura extraordinaria para esta sociedade un conxunto de traballadoras.

 

Yolanda Díaz reclama do Goberno que controle e se impoña á empresa concesionaria para evitar arbitrariedades ligadas ao beneficio privado e garanta tanto a calidade do servizo canto as condicións de traballo nas que se presta.“Tócalle o Goberno Municipal poñerse da parte das traballadoras e dos usuarios e usuarias do servizo. Tócalle opoñerse as manobras da empresa. Tócalle defender os intereses xerais”, sinala Yolanda Díaz.

 

A nosa organización xa achegara no prego de contratación do servizo unhas  importantes melloras no que atinxe ás condicións de traballo que deben respectar as empresas concesionarias. Non conquerimos empero que o PSOE asumira a necesidade de municipalizar o servizo, o que da  pé a situacións deste teor, que pesan sobre as traballadoras e sobre a calidade do servizo en último termo.

Relacionados