Confito laboral Infinita Renovables

 

Así o conselleiro de industria deixando apodrecer unha situación que somentes ameaza a continuidade dos postos de traballo do cadro de persoal, nunha cidade e comarca afogadas polo desemprego e a falla de alternativas industriais.

 

Javier Galán denuncia o desinterese máis absoluto da alcaldía da cidade, que está a incumprir o mandato daquela Xunta de Voceiros de decembro na que alcaldía quedou comprometida a mediar para conquerir esa reunión co responsable da Consellaría de Industria.

 

Esquerda Unida insta ao alcalde da cidade a que antepoña os intereses e o emprego en xogo das traballadoras e traballadores da plantilla antes que a obediencia ao seu partido e faga posible a xuntanza de traballo entre o comité de empresa e o conselleiro de industria.

 

Relacionados