Conflictividade nas confrarías

O deputado, Juan Manuel Fajardo, denunciou esta situación, cando menos irregular, na que a Consellería mantén as confrarías e que está a provocar unha conflitividade innecesaria no sector.

Santiago de Compostela, 17 febrerio de 2013.- O grupo parlamentario de Alternativa Galega de Esquerda insta á Xunta de Galicia a convocar de xeito inmediato as eleccións nas confrarías de pescadores suspendidas dende fai máis de tres anos por decisión da Consellería.

O deputado Juan Manuel Fajardo denunciou a situación, cando menos, irregular na que se atopan as confrarías de pescadores pola decisión da Consellería de suspender as eleccións nas mesmas e polo tanto a prórroga “a legal” do mandato dos patróns maiores.

Desde Alternativa Galega de Esquerda e sen entrar a valorar a capacidade e valía profesional de cada un dos patróns maiores deste país, considera que esta situación cuestiona a súa lexitimidade xa que non é comprensible a existencia de prórrogas de mandato, inxustificadas e baseadas en escusas como a redacción da nova normativa o respecto e que en moitos casos está a provocar unha conflitividade innecesaria nun sector que pode ser un motor para superar a actual situación económica e a creación de emprego no sector primario.

Relacionados