Conflicto na confraría de Cabo Cruz

Santiago de Compostela, 6 xuño de 2013.- Alternativa Galega de Esquerdas a través do seu portavoz na comisión de pesca, insta á Xunta de Galicia para que actúe de xeito inmediato no conflito da confraría de Cabo de Cruz, conflito que é responsabilidade directa da consellería xa que mantén sen convocar as eleccións as confrarías Galegas.

Alternativa Galega de Esquerda reclama ao goberno galego que asuma a súa responsabilidade mediando no conflito para acadar un resultado satisfactorio para todas as partes, así como esixir a convocatoria de eleccións na agrupación de marisqueo dado que os resultados da moción de censura, así como o fin do mandato no presente mes de xuño, evidencian a necesidade de abrir un proceso democrático que lexitime as decisión que se tomen pola dirección.

O grupo parlamentario de AGE denuncia que a consellería está deixando morrer o conxunto do sector, ao incentivar a conflitividade e non buscar saídas que dignifiquen, melloren e incrementen o poder adquisitivo das nosas mariscadoras chegando incluso a participar nunha xornadas sobre marisqueo nas que se trata de ocultar a realidade xa que nas mesmas non está representada a totalidade do sector en Galicia e se utilizan para reafirmar de xeito fraudulento a política marisqueira da Xunta. Unha política que desde AGE aseguran é un absoluto fracaso, xa que no último ano, provocou que o ingreso medio fora de algo máis de 6.000 euros o ano, cantidade que está por debaixo do limiar da pobreza.

Relacionados