Veciños Lavadores

Conflicto veciñal

 

Para ESQUERDA UNIDA os conflictos sen solventar na asociación de veciños, as expulsións arbitrarias de veciños que promoven dentro do marco estatutario unha asemblea extraordinaria, e mesmo a dudosa legalidade da asemblea do 10 de xuño pasado, ou a negativa a realizar unha asemblea xeral extraordinaria, son argumentos suficientes para poner “en reserva” calqueira convenio coa actual directiva. Pide ao concelleiro de participación cidadá que inste ao cumprimento estatutario na AAVV e interveña para a solución do conflicto no barrio.

Esquerda Unida considera inaprazable a realización da devandita Asemblea polo futuro dunha sociedade con máis de 35 anos de existencia, exemplar no traballo da defensa do barrio e dos intereses dos veciños e das veciñas.

Son reiteradas as peticións que membros da AAVV, entre eles os cinco presidentes anteriores, teñen feito ao Concello de Vigo que simplemente limitouse a dar palabras no Pleno do Pasado mes de xaneiro sen realizar un análise do cumprimento estatutario polo que EU, ante a aprobación dos próximos orzamentos do Concello, pide a suspensión cautelar de calqueira convenio ou axuda mentres non se aclaren públicamente as contas da AAVV, se celebre unha asemblea xeral extraordinaria e se devolva o dereito de pertenza á AAVV aos veciños e veciñas expulsados e expulsadas.

EU considera que o silencio do Concello faino cómplice nun problema de máxima gravedade para a convivencia nunha dos barrios máis populosos de Vigo.

Relacionados