Consello da mocidade

 

Este organismo tería que dar cabida a todas as organizacións e asociacións xuvenís e contar cunha dotación orzamentaria propia para que o propio consello da mocidade poida encargarse de organizar actividades como o programa noite nova, actividades lúdico-culturais para a mocidade, ou incluso a parte xuvenil do calendario de festas da cidade.

 

É por iso polo que o área de mocidade de EU Coruña solicita unha xuntanza co alcalde de cara á creación do consello da mocidade en base o espírito de dialogo do que se preza o novo Goberno municipal. Esperamos unha pronta resposta por parte do concelleiro para dar cabida aos pulos democráticos da mocidade coruñesa.

 

As mozas e mozos de esquerda unida consideran necesaria incrementar a participación da xuventude no concello dun xeito más participativo e directo

 

Dende o área de mocidade de EU entendemos que o foro da mocidade do anterior goberno bipartito foi un avance pero insuficiente. A falta da estabilidade do mesmo e a súa convocatoria so en contadas ocasións, supuxo unha eiva importante no seu funcionamento. O seu mero carácter consultivo non é o desexábel se pretendemos unha participación realmente democrática da mocidade na vida pública.

 

Jorge crego, coordinador do área de mocidade declarou: “as verbas de apoio a mocidade non deben quedar en papel mollado. Por iso o goberno local ten que apostar firmemente pola xuventude da Coruña, para o cal é fundamental a creación do consello da mocidade”.

Relacionados