Consello da muller

Son tempos onde cómpre animar a participación das entidades asociativas feministas e de mulleres da nosa cidade diante de dous feitos da máxima importancia: a vindeira conmemoración do Día contra a Violencia de Xénero e o proxecto de orzamentos para a nosa cidade. Dado silencio da concellería chamamos a atención desta para que de inmediato convoque ás entidades da cidade.

Lamentamos o desinterese que delata a parálise efectiva na que a concellería mantén ao Consello de Muller. Semella evidente que ao PP moléstalle unha política pública de igualdade que fomente o empoderamento social das mulleres e a súa implicación na vida pública desta cidade.

A área da Muller de Esquerda Unida demanda que, diante do actual proxecto de orzamentos, se convoque ás entidades de mulleres e feministas que conforman o Consello sectorial para que este órgano avalíe e propoña actuacións para a vindeira anualidade en materia do Plan de Igualdade e das actuacións conexas a este da concellería. Non son tempos para o despotismo des-ilustrado no que funciona a concellería.

Esquerda Unida pídelle á concellería un esforzo para que a concellería xogue un papel dinamizador do que ten que ser o necesario protagonismo das mulleres na loita pola igualdade real e efectiva, igualdade que as políticas do PP tentan evitar.

 

Relacionados