O grupo municipal de Esquerda Unida – Os Verdes saúda que o goberno local tome en consideración a nosa reivindicación de desenvolver un plan de mobilidade participativo. Efectivamente dende fai máis dun ano estamos a defender que a única maneira de resolver o déficit en canto a mobilidade e rematar co caos de tráfico existente e a través dun Plan Integral de Mobilidade Universal e Sostíbel (PIMUS) que sexa participado.
Todos coincidimos en que o plan de mobilidade debe basearse nun transporte público amplo, eficaz, económico, universal e sostible que permita a veciñanza desprazarse por toda a cidade con comodidade e puntualidade, ao tempo que evite a multitudinaria entrada de vehículos na nosa cidade mediante a creación de aparcadoiros disuasorios perfectamente conectados co resto da cidade mediante transporte público, para evitar os xa habituais colapsos. Agora toca definir como trasladar a realidade este axioma fundamental da mobilidade sustentábel.
Xa que logo, Esquerda Unida insta ao goberno municipal a crear o Consello de Mobilidade como canle de participación cidadá coa presenza apostamos por unha elaboración baseada no consenso colectivo onde deben participar todos os axentes sociais: movemento veciñal, colexios de técnicos como arquitectos e enxeñeiros, sindicatos, asociacións de empresarios, movemento ecoloxista, partidos políticos e nomeadamente a Plataforma pola mobilidade que integra a un importante número de colectivos.
O voceiro de EU-V, César Santiso, indicou que “o Concello comprometeuse cun plan de mobilidade participativo, urxe pois crear o órgano de participación que non é outro que o Consello de Mobilidade. Un órgano que necesita certo tempo de adaptación para empezar a ser eficiente, polo que semella fundamental que o goberno municipal non demore máis tempo a súa constitución para que poda comezar o seu funcionamento, consensuando obxectivos concretos para que os teñan en conta os especialistas encargados en redactar o dito plan, así como para avaliar os distintos avances que se vaian producindo na redacción do mesmo.