Consello Galego de Universidades

Alternativa Galega de Esquerda denuncia a actitude antidemocrática do Partido Popular que volveu a empregar a técnica do ‘rodillo’ para nomear os representantes do Consello Galego de Universidades reservándose tres dos catro postos e deixando un para o PSdeG, e deixando fóra ao grupo parlamentar de Alternativa Galega de Esquerda.

Unha vez máis o Partido Popular non deixa lugar a dúbida no tocante a súa actitude antidemocrática e carácter antiplural acaparando a representación no Consello Galego de Universidades rachando a proporcionalidade e a pluralidade emanada das urnas que hai que lembrar reflicte a vontade do pobo e que non estará representada nas universidades grazas ao talante autoritario do Partido Popular.

Relacionados