Consello Municipal da Muller

 

Non semella, a xuízo do Grupo Municipal de EU,  que o Goberno aposte pola participación cando apenas convoca este órgano e se o fai é a instancias deste Grupo Municipal,  e logo a convocatoria que temos para mañán apenas se limita a dar conta das actuacións relacionadas co 25 de novembro. Esquerda Unida entende que o Consello Municipal da Muller ten que xogar outro papel, máis ambicioso, asumindo a dirección efectiva das liñas mestras e contidos das iniciativas que en materia de igualdade hai que desenvolver neste concello. E esta demanda a facemos porque no Consello se atopa unha nutrida representación de colectivos de mulleres que teñen o coñecemento e capacidade necesarias para asumir ese liderazgo.

 

Queremos amosar a nosa preocupación polo pobre cumprimento das previsións orzamentarias contempladas no Plan para 2011, tanto no tempo do Goberno do PSOE canto no actual do PP. Esquerda Unida pregúntalle ao Goberno que fracción dos máis  de trescentos mil euros orzamentados no Plan para 2011 se empregaron efectivamente nas actuacións previstas no Plan. É unha información que ten que coñecer a cidadanía.

 

Esquerda Unida entende indispensable acelerar o desenvolvemento das previsións contidas no II Plan de Igualdade para facer realidade ese documento no ano que vén: iniciativas ordenadas no Plan para atender aos diferentes sectores sociais para facer transversais todas as políticas de igualdade.

Relacionados