Consello Municipal da Xuventude

 

 

Javier Galán afirma a necesidade xeral de avanzar nos procesos de participación cidadá e, xa que logo, un elemento aínda pendente é a constitución do Consello Municipal da Xuventude. Esta reclamación que efectúa Esquerda Unida cobra maior actualidade e importancia diante do xeralizado proceso de deslexitimación das canles tradicionais de representación que se está a experimentar na sociedade e moi en particular entre a xente moza.

 

Esquerda Unida considera entón necesario abordar  unha programación participada   que atenda ás necesidades, moitas e apremiantes, da xente moza e un elemento clave para acometer esta tarefa  é a creación dun espazo de análise, participación e toma de decisións, quen de fomentar o empoderamento social da xuventude.  Non outra é a responsabilidade a desenvolver neste órgano que demandamos.

 

As persoas que hoxe se atopan no furco de idade moza teñen que de xeito compartido aprender a producir e organizar unha sociedade diferente e mellor. Esquerda Unida está certa que o farán e para iso fan falla ferramentas como a que hoxe demanda este Grupo Municipal.

Relacionados