Consello Político Nacional

O Consello Político Nacional de EU aproba por unanimidade o documentos político, económico que se someteran a discusión nas asembleas de base para a XI Asemblea Nacional e cunha soa abstención os estatutos, o documento de organización e a carta financeira. Así o máximo órgano de goberno entre asembleas mantivo unha xuntanza na sede Nacional dende as 10:00 h. até entrada a tarde.

Esquerda unida amosa o seu enorme grado de cohesión interna no Consello Político Nacional de hoxe en Compostela. Cohesión necesaria para asentar a EU como alternativa diante da situación de extrema gravidade en canto a dereitos usurpados, desprotección social e políticas abusivas deste goberno ilexítimo. Así Esquerda Unida plantexa unha liña de debate con alternativas reais para conformar as ferramentas políticas e sociais que as familias traballadoras necesitan.

“A Asemblea Nacional celébrase nun momento político onde o cambio de política é vital para combater a desprotección social e o abuso de poder que  dereita nos está a impoñer” manifesta Yolanda Díaz. O debate da militancia será que marque as liña política de Esquerda Unida nos vindeiros catro anos.

Relacionados